As
escritoras María Canosa e Concha Blanco, nai e filla, presentan un libro sobre
protocolo titulado Será correcto. A guía de protocolo máis divertida e
sinxela para maiores e pequenos. O volume está pensado para que o consulten
adultos, pais, docentes... e xorde da experiencia de Concha Blanco, que na súa
traxectoria como mestra detectou as eivas e dúbidas dos nenos sobre estes
temas. Pero o libro conclúe que sempre é mellor aprender bos modais de
pequenos.
Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os
antebrazos na mesa cando estou comendo? Pode acompañarme meu pai a unha
entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha
casa? Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será
correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que
seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro.
Un libro divertido que recomendamos sen dubidalo.