Quero un móbil novo...!

Todos os nenos son consumistas. Todos queren que se lles merquen cousas novas. Non saben a relación entre mercar e gañar os cartos, non saben do valor das cousas. Por iso é necesario que, dende pequenos, lles amosemos como funciona o mundo. Que saiban como gañan os cartos papá e mamá e saber diferenciar os gastos necesarios dos que podemos evitar sen que pase nada.
Esta guía, editada por CEAPA, fala de consumismo, de como educar aos nosos fillos e fillas nesta sociedade no que todo semella berrarlles: Compra, compra, compra...

Para ler ou descargar, preme na imaxe: