A nova campaña de Unicef pretende concienciar sobre a importancia do que se publica nas redes sociais cun vídeo centrado en menores de idade, pero cuxo ensino debémolo aplicar todos independientemente da etapa da nosa vida na que nos atopemos.
#NoSeasEstrella non é só unha campaña, é unha necesidade de cambiar o xeito no que se xestionan as redes sociais se queremos manter a vida privada como tal, impedindo que descoñecidos cheguen a sabelo todo sobre nós. O shock dos nenos do experimento pódese quedar en algo anecdótico, pero é bo que reflexionemos sobre o que todo o mundo pode chegar a saber de nós ou os nosos achegados sen que nin sequera sexamos conscientes diso.
SEGURO QUE CHE INTERESA
O 16% dos nenos ten o seu primeiro smartphone antes dos dez anos e o 22% ten perfil nas redes sociais.