Educar sen medo na adolescencia


Licenciado en Psicoloxía e posgrao en Psicoloxía Clínica do Neno e do Adolescente, Anxo Peralbo leva 20 anos analizando os cambios sociais e biolóxicos que se producen na adolescencia. Como experto en programas de intervención familiar, dificultades da aprendizaxe e de conduta na contorna educativa, Peralbo aporta pautas e claves para que a “revolución adolescente” sexa unha experiencia positiva. “Sen darnos conta educamos no medo, porque anticipamos os problemas da adolescencia antes ata de que ocorran. E do medo pasamos á sobreprotección, que deixa aos adolescentes sen capacidade de autodisciplina, control de impulsos e tolerancia á frustración”, explica o psicólogo. Tanto na súa experiencia clínica como nos seus libros “Educar sen ira” e “De nenas a malotas”, Peralbo transmite unha mensaxe de tranquilidade: menos estrés ante os exames ou cualificacións e máis apoio á curiosidade por aprender, o entusiasmo e a confianza en si mesmos. “É verdade que os adolescentes viven unha etapa difícil na que deben tomar decisións clave. Pero esta experiencia de estrés vital, de desorientación, o que pode danar é moito máis importante: a súa autoestima. Cando os mozos chegan con sensación de "fracaso" é porque asumiron o medo a non ser nada na vida. Debemos eliminar esta presión e fomentar a súa seguridade”, conclúe.


Para ver o vídeo, preme na imaxe: