A adopción

A adopción converteuse nun fenómeno crecente na sociedade española, especialmente a adopción internacional. Cada vez son máis persoas as que deciden esta opción para formar unha familia, o que fai que España ocupe un dos primeiros lugares en número de adopcións internacionais. As orixes son diversas, sendo as máis frecuentes Europa, Asia e América Latina. Tamén podemos atopar diversidade de situacións, poden ser bebés, nenos de diferentes etnias, nenos maiores de catro anos, grupos de irmáns, etc.
A adopción é un mecanismo ou recurso de protección da infancia en situación de desamparo que pretende ofrecer unha familia a aqueles nenos e nenas que non poden ser coidados polas súas familias de orixe ou sufriron unha situación de abandono, baseándose na defensa do interese superior do menor. A adopción permite promover o seu desenvolvemento familiar e socio-afectivo a través dunha medida estable e definitiva. A nivel xurídico, extínguense os anteriores vínculos dos nenos e prodúcese unha equiparación total en dereito cos vínculos da filiación natural.
Para falarnos de adopción, Isabel Bellver Vázquez-Dodero, ofrécenos esta guía editada por CEAPA, que reflexiona e profunda neste tema, e que ademais ofrece pautas para os pais e nais adoptivos.


Preme na imaxe: