Aínda que non sexamos conscientes
diso, educamos sobre sexualidade aos nosos fillos continuamente.
Educamos a través dos nosos pudores, as nosas caricias, os nosos silencios
ou opinións. Transmitimos valores e actitudes que van definir a forma en que
van vivir a súa sexualidade no futuro. Por iso, é necesario que asumamos
o noso protagonismo e aceptemos que a educación sexual é algo máis que
falar de preservativos ou contar de onde veñen os nenos.
Unha Educación sexual de calidade
debe dirixirse a que os nosos fillos e fillas aprendan a coñecerse, a
aceptarse e a expresar a súa sexualidade de modo que sexan felices.
E todo iso partindo dunha premisa
que debemos ter moi clara; todos os pais e nais estamos perfectamente
capacitados para transmitir unha educación sexual de calidade
O obxectivo desta publicación é
convencernos diso e aportarnos algunhas ideas sinxelas que nos sirvan de
guía para educar sobre sexualidade aos nosos fillos e fillas
Escrita por Juan Carlos Diezma e
Carlos de la Cruz, esta guía esta editada por CEAPA (www.ceapa.es).
Preme na imaxe, para ler ou
descargar: