Chegamos ás 200 entradas no blog!
Cando empezamos este camiño un
ano atrás sabiamos que o traballo sería duro pero que valería a pena. E así
foi. O blog da Escola de Pais segue crecendo e aquí seguirá para continuar
aportando información de interese a todos os que sabemos que o traballo de ser
pais é o mellor que se pode realizar.
E aproveitamos para dar as grazas
a todos aqueles que nos permitiron publicar os seus traballos, as súas
reflexións e os seus coñecementos. Sen eles, todo isto non sería posible.
Duascentas entradas xa.
Vaiamos xuntos a por as seguintes
duascentas.