Cando levas aos teus fillos á guardería e á escola, non só o expós a
estímulos educativos e á “socialización”. Tamén o expós a posibles contaxios.
Un dos máis típicos é o dos piollos. Aquí van uns consellos para loitar contra
eles:
QUE FACER
1. Estar atento aos nenos: se se rascan moito a cabeza, é moi posible que
estean infestados.
2. Confirmar a infestación usando unha lendrera (un peite especial coas
púas moi xuntas). Os piollos adoitan aparecer primeiro detrás das orellas e na
zona do pescozo. Aínda que foxen da luz, e xa que logo é posible que non os
vexas ben, coa lendrera poderás atopar as liendres (os ovos do piollo). Son
unhas boliñas brancas, moi pequeniñas, cunha especie de cola cortiña.
3. Consultar co médico ou o farmacéutico o produto a empregar
(normalmente cómprase sen receita), e aplicalo canto antes. Segue
escrupulosamente as instrucións, porque si non aplicas o produto correctamente,
os piollos volverán.
4. Lavar na lavadora cun programa forte e de auga quente a roupa
(incluíndo roupa de cama e de baño) que use o teu fillo nos últimos días e toda
aquela que poida estar en contacto coa súa roupa. Se hai roupa que non podes
lavar, métea nunha bolsa hermética durante unha semana. En caso de ter piollos,
morreranse de fame (só sobreviven no coiro cabelludo, fóra da cabeza non
aguantan máis dun par de días). Tamén terás que pasar a aspiradora a conciencia
por toda a casa, e lavar en auga moi quente (ou poñer en bolsas pechadas) os
seus peites, horquillas, cintas do pelo, etc.
5. Volver a chequear periódicamente. Non esperes a velos rascarse. Se han
ter piollos, poden volver telos. Se os seus compañeiros ou irmáns teñen, é moi
probable que acaben téndoos eles tamén. E por suposto, se os teus fillos teñen
piollos, non cales: informa ao colexio ou guardería, e aos amigos, veciños ou
parentes con quen estea en contacto últimamente.
QUE NON FACER
1. Poñerse nervioso ou avergoñarse. Os piollos non representan unha
ameaza grave, a infestación non foi culpa túa nin dos teus fillos (nin de
ninguén), e o tratamento é barato, sinxelo e efectivo.
2. Criticar ao neno que contaxiou aos teus fillos? Os piollos non indican
falta de hixiene. Hai quen di, ata, que unha cabeza limpa ten máis papeletas
para infestarse, xa que os piollos acceden mellor ao coiro cabelludo, que é
onde se alimentan.
3. Non deas por feito que os teus fillos están libres de piollos só
porque non se rasquen. Moitas infestacións son asintomáticas, e algúns nenos só
empezan a rascarse cando teñen a cabeza chea deles. Convén ter unha lendrera
sempre a man para chequear de cando en vez. Particularmente se algún outro neno
no colexio ou na guardería está infestado.
4. Déixate de remedios caseiros. Non hai un só estudo científico que
avale que o vinagre, o emplasto da avóa ou as herbas que medran no pobo sexan
efectivos contra os piollos. Faille un favor aos teus fillos e baixa á farmacia
a comprarlles un produto que funcione.
5. Levar ao neno ao colexio. Unha vez aplicado o tratamento, o neno
poderá volver a clase. Pero non antes. Sé responsable e non colabores a
aumentar o contaxio. Ás veces pode ser un trastorno enorme ter ao neno en casa
un día laborable, pero pensa que, levándoo ao colexio antes de despioxalo,
poderías provocarlle ese mesmo trastorno a outros pais. Non fagas aos demais o
que non che gusta que che fagan.