Como
pais, sabemos que todos nós recibimos distintas mensaxes sobre a sexualidade.
Algúns de nós quizais recibimos ou non educación sobre a sexualidade por parte
dos nosos propios pais. Malia o que nos ensinaron cando eramos novos, é
importante dar aos nosos fillos información correcta, xunto cos nosos valores
familiares, para poder axudarlles a tomar decisións saudables sobre a
sexualidade.
No
1998, Planned Parenthood of New York City (PPNYC) creou o programa de Adultos
Modelos para axudar aos pais aprender as habilidades e técnicas para manter
abertas as liñas de comunicación cos seus fillos(as) sobre a sexualidade.
Esperan que a información, habilidades e técnicas desta guía faralles máis
fácil a outros pais compartir información correcta e os seus valores familiares
cos nenos nas súas vidas. Falar cos nenos sobre a sexualidade é un proceso de
toda a vida e esta guía pode axudarlle a empezar ou continuar ese proceso.
Unha publicación de Planned Parenthood of New York City
Preme na imaxe: