Graciela
Hernández Morais e Concepción Jaramillo Guijarro, a través do Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte, presentan esta guía co obxectivo principal de
poñer de manifesto a necesidade de respectar as diferenzas, valoralas e
traballar con elas, evitando os prexuizos e os estereotipos; un traballo que
debe empezar cos nenos e nenas de pouca idade.
Trátase
de que os nenos e as nenas desde os seus primeiros anos de vida cheguen a
comprender que os coñecementos e os valores non son algo alleo á vida, senón
que forman parte dela e aprendan a erradicar a violencia como forma de resolver
os conflitos entre as persoas.
Sen
dúbida unha boa guía para falar cos nosos fillos de sexualidade na etapa de
Infantil.
Preme
na imaxe: