Campus Científicos de Verán

Ao longo do mes de xullo de 2016 levarase a cabo a sétima edición do Programa Campus Científicos de Verán, iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que conta co apoio da Obra Social "La Caixa".
Co firme obxectivo de potenciar o interese de estudantes de 4º de ESO e 1º de Bachillerato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos diseñados por profesores universitarios e desarrollados en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo.
Campus científicos aposta polo fomento das vocacións científicas entre os novos e, por este motivo, ofrece a os seus participantes a oportunidade dun contacto directo coa labor diaria dos investigadores nun ambiente universitario e multicultural, que lles axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais, os participantes nos Campus poderán gozar de actividades complementarias científico-culturais e de ocio.
A mellor maneira de aprender ciencia é vivila e por iso... agardan por ti!
Toda a información, bases e guía, premendo na seguinte imaxe: